22.2.17

Antroido...[Os resóns que penduran por tomar tanta (in)fanta de laranxa e *lemón]


        En lengua castellana

Contos no *estrapelro  IX .               
Os sons que perduran como recordos repítense tralas derradeiras paroladas e, ás veces ou normalmente, a imaxe dun sorriso,…e as costas,  de quen se afasta. 


A ´fectividade envolve tudo o que toca ou a ela arrímase deixando en acougo ao calor do retorno. Pr´o tempo empánaos con veos de calixe e morrinha; o probrema vén cando enchoúpase de saudade. Estreita senhardade.

Algúns baleiros que a´bsencia presta aínda materializan as figuras por mor de obxectos que proseguindo no mesmo luar enchen ise espazo onde inhantes ficaban *os interlocutores que conversan animosamente permiten unha acordanza maior pois o son fixa nos nosos miolos a súa imaxe o seu tempo e a súa voz. Despois, manidos os días e meses en situacións parellas nosas conversas con outros recondúcense en cotexo e concordan en moitas desas coversas que outrora nos farán voltar onde deixaramos isa imaxe que afundida ao esquecemento arrefécese coma groto artesán 
  
Pouco perdurará máis a súa forza deambulará mentras intres pasados…xa podres…

...É o resón das súas parolas na nosa voz…




[Metátesis]
[*Encanbalgamentos e apostrofos]

 
Quintín Cabrera: