Os sons que perduran como recordos repítense tralas derradeiras paroladas e, ás veces ou normalmente, a imaxe dun sorriso,…e as costas, de quen se afasta.
A ´fectividade envolve tudo o que toca ou a ela arrímase deixando en acougo ao calor do retorno. Pr´o tempo empánaos con veos de calixe e morrinha; o probrema vén cando enchoúpase de saudade. Estreita senhardade.
Algúns baleiros que a´bsencia presta aínda materializan as figuras por mor de obxectos que proseguindo no mesmo luar enchen ise espazo onde inhantes ficaban *os interlocutores que conversan animosamente permiten unha acordanza maior pois o son fixa nos nosos miolos a súa imaxe o seu tempo e a súa voz. Despois, manidos os días e meses en situacións parellas nosas conversas con outros recondúcense en cotexo e concordan en moitas desas coversas que outrora nos farán voltar onde deixaramos isa imaxe que afundida ao esquecemento arrefécese coma groto artesán
Pouco perdurará máis a súa forza deambulará mentras intres pasados…xa podres…
...É o resón das súas parolas na nosa voz…
Quintín Cabrera: