1.10.15

Ecrise de lúa e temporal en Gredos

Solpor e tormenta unhas horas antes, cara Gredos


King Crimson: Moon Child


Noite anterior de lúa chea
Contos de Noituno e Aleivoso IX: 
(Eiquí en castelán)

Arroupados de Selene, capítulo 1, divertículo 1:
──Sexa a luz e foi a luz.
──E vimos que era boa separada das tebras


¡Que vén o preto, que vén o petro!...

Ao berro de guerra unha nova noite botóullenos coma unha manta raia, punto.
¡Que vén o preto, que vén o preto!...
E desaparecendo do chan todo raio véullenos enrima coma lene hálito noituno ao voo aqueixado da garza que desesperanzada alouta en dirección a Venus.
Xa o dixo aquela noite de mariorrubio coma berro perplexo doutro combate anterior: ¡ Ás armas! seica atácannos entre tanta auga contaminada só quedaranos gasoil ata o remonte. Deamos volta e montemos o campamento nesta linha encol a ponte que pra ramas xa está canela.
A lúa canela ladraba cores de ocre parda e a terra entremesturada de farallóns e areiscas daba paso a un invisíbel canón de riscas de neis máis aló da boscaxe da fraga. Tudo escuro.

¡Que vén o petro, que vén o petro!
E eu por pés levo gadoupas coma o animal que levo dentro.

Ecrise da lúa.
Arroupados de Selene: Capítulo 1, divertículo 2:
──E negarasme tres veces:
¡O animal, o animal, o animal!

¡Vaise a pór preto, vaise a pór preto!

En ocasións chegar máis aló é falta de tempo, ao non haber antelación suficinte á situación tallante. Son cousas da 2.
Estes luares son bos e dan máis do que permiten a primeira vista. É a tanxente.

O porto que roxe amortuxado no seu cume xa non é alto no caminho se non luar de paso ao que atravesamos sen deternos na fontela do descenso seica as multas.
Algo máis das doce, medianoite e nos o relento. 
Unha ollada aos encoros eutróficos revélannos que as súas charcas augas abaixo deixarán ludros e vergonhas ao ser nelas presas. Diques de augas contidas de pracer e xogo, pra goce de todos que coas súas máquinas e cabos esquían sobor a súa agás transparente lámina. Logo din que está cara. Toma! e o peixe.

E despois dunhas horas dixo:
──Vou pórme algo, nótase o fresco.

O reflexo quéixase de nitidez e a silueta só é un bosquexo do que foi. Alí cheira a bosta; a caldo de cultivo, fede a estércol e feo fundido. Estrume e frescuallo
Finou o vrau e as noites son frescas.

Ás veces perdo fonemas pois cégame a luz sobroxeito e retírome ao fundo dunha ola que si toda non escapa xa sábese onde vén.

        A claridade regresa e recollemos.